jazzportugal.ua.pt
HOME CONTACTOS BUSCA SUBSCRIÇÃO
 
agenda
media
escritos e entrevistas
músicos
jazzlinks
  escritos  ::  entrevistas  ::  trabalhos alunos UA  ::  e mail e fax  ::  riff  ::  Jazz de A a ZZ

escritos e entrevistas > e mail e fax > ver mensagem
De: 
Para: 
Assunto: IBEROJAZZ
02-01-2007
 

Organiza:

Concello de A Coruña

Producións A Tempo [ Director artistico : Alberto Conde ]

 Colabora:

Forum Metropolitano

Teatro Rosalia de Castro

Asociación Galega de Música Jazz ( Agamujazz )

Club Filloa

Bodega JazzVides

Pub Garufa

IBEROJAZZ

Ponto de encontro das Culturas Ibéricas

Sen dúbida nestes últimos anos, Galicia está a experimentar un cambio substancial no terreo da creación artística e en toda as formas de expresión cultural. O Jazz,  dende os estilos máis  clásicos ós máis vangardistas, estáse a converter  nun ponto de referencia cultural na nosa autonomia que indudablemente evoluciona en paralelo ao desenvolvemento desta música en todo o territorio peninsular e insular.

Estamos a comprobar como un bo número de jazzístas galegos en liña coas correntes ibéricas e europeas, están aportando ao Jazz  sinais de identidade que esta música leva inscrita nos seus xenes dende  seus oríxenes. Estas sinais estanse reflectindo nun son autóctono que sen dúbida está  incluido dentro dos movementos que os críticos denominan como world jazz, etno jazz ou  jazz con raíz, e jazz europeo, e que representan unha grande  parte das estéticas mais visibles do jazz actual.

O Iberojazz, que partindo de esta filosofía, naceu para dar cabida e empuxe ós  proxectos galegos xunto  as propostas máis selectas do momento da península Ibérica, convértese neste ano 2007 nun Festival de referencia estatal e de ámbito internacional.

A Coruña, cidade con ampla tradición  jazzistica  en Galiza, da cabida por segundo ano consecutivo a unha representación  do mais destacado do jazz internacional de procedencia ibérica. Unha escolma de artistas que están acadando excelentes críticas  dentro e fora da península  cos seus últimos traballos discográficos, alternarán escenario cunha ampla representación escollida e destacada do jazz galego actual.

Cinco diferentes escenarios [ Forúm Metropolitano, Teatro Rosalia de Castro, Club Filloa, Club JazzVides, Pub Garufa ] onde poderase  vivir o jazz contemporáneo con influencias mediterráneas, europeas, de vangarda,  galegas , lusas, seleccionados  co máximo rigor de calidade e variedade.

Un total de 10 espectáculos de procedencias galega, valenciano-catalana, e lusa encherán a programación desta edición  que prolongarase o longo de tres semanas.

Xoves 11-1-2007. FÓRUM METROPOLITANO ás 21h00

Sumrrá nace no verán do 2001, como resultado dunha serie de contactos dos seus compoñentes en numerosas jam sessions. Dende o primeiro momento xurde unha forma natural de empastar, de crear, de facer música, polo que se podería dicir que Sumrrá nace do azar, da espontaneidade, do capricho. Sumrrá nace libre, e segue libre. Foi tamén a casualidade  a que quixo que  chamarase Sumrrá, e non outra cousa. Sumrrá podería ter sido Manuel Gutiérrez Trío, Xacobe Martínez Grupo, ou Luis Alberto Rodríguez Project, pero é Sumrrá: de todos e de ninguén.

Sumrrá ten un primeiro disco no mercado, gravado no ano 2002 e editado baixo título homónimo pola discográfica compostelana Madame Mir no 2003. No ano 2006, viu a luz o seu segundo disco: "2". Iste trío traballa básicamente sobre composicións orixináis, o que facilita que o grupo se vexa inmerso nun proceso constante de retroalimentación creativa: da composición á interpretación, da grabación ó directo.

Sumrrá son Manuel Gutiérrez, piano, Xacobe Martínez , contrabaixo, e Luis Alberto Rodriguez, batería.

Venres 12-1-2007. FÓRUM METROPOLITANO ás 21h00

KIN GARCÍA TRÍO

Trío que  trata de conxugar o jazz universal coa paisaxe galega e a influencia que ista ten no artista , na súa sensibilidade e na proxección á hora de tocar.

Kin García lanzouse a sacar o seu primeiro disco en Trío, na primavera 2006: "O lobo morde a man"

Kin García (baixo) lidera este trío, logo de moitas valiosas colaboracións con Alberto Conde, Jesús Pimentel, Fernando Llorca, Tom Guyon, Tom Harret, Billy Pierce, John Smith, Tony Lazan, Uxía, Dulce Pontes,Marcos Teira, Espíritu 986, Capercaillie, José Afonso, Filipa Pais, Susana Seivane, Nani García, Carmen Rey e Berrogüetto

Completan a formación Andrés Rivas que dende a  bateríaactúa como  o motor percusivo e Gabriel Evens ao piano.

Xoves 18-1-2007. FÓRUM METROPOLITANO ás 21h00

Perico Sambeat Sexteto

Perico Sambeat, no ano 1980 principia o aprendizaxe do saxo dun xeito autodidacta. Trasladase a Barcelona no ano 1982, onde remata os seus estudos clásicos de frauta ao tempo que integrase no Taller de Musicos da cidade, onde estuda harmonía e arranxos con Zé Eduardo.

Tocou en festivais e clubs de jazz de todo o mundo. No ano 1991 trasladase a Nova Yorke onde ten a oportunidade de tocar xunto a figuras da talla de Lee Konitz, Jimmy Cobb, Joe Chambers, etc.Traballou profesionalmente con Steve Lacy, Daniel Humair, Michael Brecker, Bob Mintzer, Pat Metheny, Maria Schneider etc. No seu último traballo discográfico " Ziribuye " O músico gozou dunha total autonomia para darlle forma a un traballo que vincula a tradición co presente, acompañado por unha banda xove, fresca e divertida, que presentan con rigor a tradición ainda que reinventando o seu son en cada nota.

Perico Sambeat sextet son: Perico Sambeat, saxo. Toni Belenger, trombón. Albert Sanz, piano. Tom Warburton, contrabajo. Idafe Pérez, trompeta. Ramon Prats, bateria.

Venres 19-1-2007. FÓRUM METROPOLITANO ás 21h00

BALDO MARTINEZ Quinteto

O contrabajista Baldo Martínez que é «unha das figuras máis destacadas do panorama jazzístico español resalta  que « o jazz é máis unha xeito de facer música que un estilo en si mesmo, o cal o leva  a desenvolver unha música baseada nas raíces pero utilizando unha linguaxe aberta e sen prexuizos». O que o levou a, «converterse nun dos músicos que máis está contribuíndo a personalizar o jazz ibérico, fuxindo no posible dos parámetros norteamericanos».

Baldo Martínez Grupo - Tusitala o seu último traballo discográfico.

 

"Tusitala", "O contador de historias", así é como chamaron ao escritor Robert Louis Stevenson os samoanos cando escoitaronlle por primeira vez.

Cada un dos temas que compoñen o proxecto é unha historia diferente  que principia  nun sitio, remata en outro e deixa voar a imaxinación do espectador escoitando e creando novas historias. A incorporación do violín, crea unha ponte entre a música clásica e o jazz; a sólida experiencia dos músicos, magníficos narradores, fan que o espectador escoite cos oídos e a mirada dun neno.

Baldo Martínez grupo está formado por:

Baldo Martínez: contrabaixo
David Herrington: trompeta
Eduardo Ortega: violín
Antonio Bravo: guitarra
Pedro López: batería

Xoves 25-1-2007. TEATRO ROSALÍA DE CASTRO ás 21h00

Orquestra de Jazz de Matosinhos -       

Direción : Carlos Azevedo e Pedro Guedes con Mário Laginha como artista convidado.

A Orquestra de Jazz de Matosinhos ( OJM ) o longo destes anos vai consolidando un repertorio de autores portugueses destiñado a big-band. A construción deste repertorio iniciouse hai media duzia de anos  a partir dun proxecto desenvolvido co apoio da Sociedade Porto 2001.

A OJM acrecenta a súa xa longa lista de autores interpretados con novos temas de Mário Laginha e Pedro Guedes.

O programa do concerto para este ciclo, ademáis de dúas novidades absolutas, contará con composicións dos creadores que están a enriquecer o cancioneiro jazzistico portugués para grande orquestra. Mário Laginha, Bernardo Sassetti, Pedro Moreira, Laurent Filipe, Paulo Perfeito, António Pinho Vargas, Zé Eduardo, Carlos Azevedo, Claus Nymark e Tomás Pimentel integran o grupo de músicos que xa compuxeron para a OJM

Xoves 11-1-2007. Club FILLOA ás 23h00

Javier Constenla "IMPRO - VÍA"

É ante todo un proxecto persoal. Composicións propias desenvolvidas coa linguaxe da improvisación (JAZZ) levadas a formato de trío polo que de reto técnico e de interacción sigñifica. Si a isto lle engadimos 3 personalidades repletas de enerxia e paixón, o "cocktail" é explosivo.

O repertorio está composto por composicións escritas por Javier Constenla lider do grupo, entre as que figuran estilos como a balada, o funk ou simplemente temas inspirados no que un leva dentro musicalmente dende sempre como o arranxo dunha pandeirada, tamben versións moi selectivas e orixinais de temas xa coñecidos. Unha das metas deste creador é conectar co  público, considerando  esencial esta comunicación e para elo interesase por repertorios dinámicos, variados.

Javier Constenla......piano e teclados.

Quique Alvarado.......baixo  eléctrico.

Miguel Cabana..........bateria e percusión.

Venres 12-1-2007. Bodega JAZZVIDES ás 23h30

TELEGRAPH VADIS

O grupo de jazz-fusión Telegraph Vadis,  nace coa intención de experimentar novos camiños dentro de este estilo, idea primordial que manteñen sempre moi presente os seus fundadores. Traballando dende o latin máis puro e suxerente ata o jazz rock contemporáneo entre moitas outras variedades estilísticas.

Unha variedade de sons envolventes, melodías directas e enrevesadas, momentos de lirismo, rítmicas contundentes e obsesivas, incluso algún toque étnico e como se podria definir a grandes rasgos esta empresa musical, demostrando ser un grupo dinámico, camaleónico e impredecible.

Xoves 18-1-2007. Pub GARUFA ás 23h00

CARLOS LÓPEZ QUARTET

Voro García  - Trompeta

Oscar Marcelino da Graça - Piano

Kin García  - Contrabajo

Carlos López  - Batería

Venres 19-1-2007. Bodega JAZZVIDES ás 23h30

Acuña's Quartet

José Acuña: guitarra

Angélica Nistal: piano

Antonio López: contrabajo

Naima Acuña: batería

Xoves 25-1-2007. Club FILLOA ás 23h00

CUCHÚS PIMENTEL & SERAFÍN CARBALLO. O Jazz e o Flamenco danse a mán no encontro destes dous inquedos guitarristas galegos. Asiduos colaboradores desde 2001, o seu afán non é outro que o de lograr un entendemento entre dous tipos de música dispares sen que o peso das súas respectivas tradicións desequilibre a balanza. A súa aposta é simplemente a da comunicación e o transvase de ideas dunha beira a outra. Para tal propósito parten dun repertorio no que teñen cabida a partes iguais as composicións orixinais, os standards de jazz e da música popular e a homenaxe a guitarristas célebres de diferentes escolas e épocas (Django Reinhardt, Larry Coryell, Ralph Towner...). Pero a súa mirada non é puramente mimética, senón persoal e creativa, así que todas esas revisións de clásicos cobran novas luces nas súas interpretacións.

Cuchús Pimentel comezou a súa andaina estudando guitarra clásica en Lugo e posteriormente no Conservatorio de Vigo, onde tamén recalou Serafín Carballo quen, anos máis tarde, completaría os seus estudos na prestixiosa escola Berklee College of Music de Boston. Cuchús Pimentel xa ten subido a numerosos escenarios de España, Europa, Marrocos, Xapón e México e, como artista flamenco, colaborou con Tony Maya, Angel Gabarre, Paco del Pozo, Canito... En xuño de 1995 obtén a distinción Demo of the Year da famosa revista norteamericana Guitar Player. Serafín Carballo participou no festival de Jazz de Copenhague e compartiu escenario con Dave Liebman, Jean-François Jenny-Clarke, Jeff Harrington etc.

  • Cuchús Pimentel: guitarra flamenca
  • Serafín Carballo: guitarra eléctrica

 

 

 

 
  Escritos e entrevistas  
 
   
Clubes  
Onda Jazz
 
   
Concertos  
 
   
Festivais  
 
   
Universidade de Aveiro
© 2006 UA | Desenvolvido por CEMED
 VEJA TAMBÉM... 
 José Duarte - Dados Biográficos